Unirisco foi a iniciativa pioneira na universidade española; un emprendemento dende a academia para axudar ao emprendemento baseado en coñecemento e tecnoloxía. Unirisco foi en moitos casos o diñeiro imprescindible e un acompañamento impagable, algo que non só han de agradecer as empresas que lle deben unha parte do que son, senon Galicia enteira.

Senén Barro, promotor e socio de Situm.

Situm

Situm Technologies é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxías e servizos de localización en interiores. Isto permite axudar a empresas de diferentes sectores a mellorar os seus servizos e optimizar os seus procesos mediante o guiado de visitantes e a monitorización dos seus empregados e activos móbiles.

Tecnolóxica detrás da plataforma Situm IPS é un algoritmo que combina a información preexistente nos edificios (campos magnéticos, Bluetooth e WI-Fi) con datos dos sensores inerciais dos teléfonos móbiles para proporcionar unha precisión de menos de 5 metros sen a necesidade de hardware adicional.