Coa entrada de Unirisco, poderemos completar o paquete preclínico regulatorio necesario para comezar o primeiro ensaio clínico en pacientes con GlioHook.
Batea Oncology
Batea Oncology é unha empresa de biotecnoloxía nada da investigación levada a cabo no Hospital Universitario e no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, cun claro enfoque translacional para abordar necesidades clínicas non cubertas en oncoloxía. O noso primeiro desenvolvemento é GlioHook, un dispositivo médico para o tratamento do glioblastoma, o tumor cerebral máis común e agresivo, para o que existen poucas opcións terapéuticas e unha taxa de supervivencia a 5 anos de <5 %.