Unirisco involúcrase no desenvolvemento da compañía, aporta experiencia ganada de outras participadas e contactos para a xestión da mesma. Como fondo que entrou na etapa inicial de desenvolvemento de Appentra, acompañounos no proceso ata acadar a seguinte etapa da compañía sendo flexible e adaptándose á entrada de novos socios. A nós sempre nos levaron á reflexión á hora da toma de decisións coas súas aportacións. Son comunicativos, escoitan e centran as conversacións para que acades a seguinte meta. Company builders podería ser unha boa descrición do seu modus operandi.

Rosa Vázquez Rogel CFO & Co-Founder, Appentra Solutions

Appentra Solutions S.L

Spin-off da Universidade da Coruña froito de resultados de I+D no ámbito das ferramentas de desenvolvemento de software para computación de alto rendemento HPC (High Performance Computing).

Appentra é unha empresa global de Deep Tech que ofrece produtos baseados na tecnoloxía Parallelware, un enfoque único para o análise de código estático especializado en concorrencia e paralelismo. O seu obxectivo é facilitar a programación en paralelo, permitindo que todos poidan facer o mellor uso do hardware de computación en paralelo, dende núcleos múltiples nun portátil ata superordenadores máis rápidos.