Como spin-off intensiva en tecnoloxía, en Ancora acercámonos a Unirisco buscando un socio que entendese as especificidades das empresas nacidas da Universidade, e que nos acompañase no proceso de aprendizaxe empresarial. Xa dende a fase de análise puidemos comprobar este enfoque diferencial, axudándonos no proceso de patente, aínda antes de investir. E unha vez incorporados á compañía, non variaron esta filosofía de apoio o emprendedor universitario no difícil camiño ao mercado.

Alexandre Bastos, CEO de Ancora

Ancora Mobile S.L

Spin off da Universidade de Vigo cunha tecnoloxía novedosa e única que permite a interacción directa móbil-dispositivo externo, froito de máis de 10 anos de desenvolvemento no centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (Atlanttic).

Ancora é un exoesqueleto virtual que simplifica a conexión dos traballadores de produción e proporciona axudas dixitais que melloran a súa competitividade e a súa autonomía.

Combina software (interface virtual) con dispositivos móbiles e pantallas estendidas permitindo conectar ao traballador coa factoría intelixente.