Inviste en Unirisco

Somos a primeira sociedade de capital risco vinculado ás universidades e autorizada pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Contamos cun capital social de 3M€ investidos e unha traxectoria consolidada de máis de 20 anos realizando inversións minoritarias en spin-offs das universidades galegas.

Como podemos axudarche?

O noso propósito

Unirisco é unha sociedade de capital risco privada, impulsada polas Universidades e principais empresas de Galicia, co propósito de acelerar a transferencia de coñecemento a través do apoio á creación de spin-offs, de base científica e tecnolóxica.

Este apoio instruméntase mediante inversións de carácter temporal en capital das mesmas ou outros instrumentos financieiros, baixo criterios de impacto social e rendabilidade

Por que investir en Unirisco?

1.

Conectamos universidade e empresa dando acceso preferente á vangarda da innovación aberta: I+D+i

2.

Contamos cunha ampla experiencia e traxectoria en investimentos xurdidos a través de procesos de transferencia da tecnoloxía

3.

Os nosos proxectos están validados polos principais referentes sectoriais

4.

Estamos conectados co ecosistema de emprendemento nacional

5.

Identificamos os proxectos de maior impacto como criterio de inversión

6.

Reforzamos a capacidade de implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable dos nosos socios realizando inversións socialmente responsables

Se che interesa investir en Unirisco,
contacta con nós

Resumo de privacidade
Unirisco

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias deben estar activadas todo o tempo para que poidamos gardar as túas preferencias para a configuración de cookies.

Cookies de terceiros

Esta web emprega Google Analytics para recoller información de maneira anónima, coma por exemplo o número de visitantes que recibe e as páxinas máis populares. Manter esta cookie activada é de gran axuda para poder mellorar a nosa web.