Contamos cunha traxectoria empresarial de máis de 20 anos, base dunha xestión profesional, transparente e íntegra que nos permite a creación de valor tanto para os accionistas como para as empresas participadas.
O noso compromiso
Apoiamos as necesidades financeiras dos proxectos empresariais tecnolóxicos e contribuíndo con iso a:
1. O desenvolvemento tecnolóxico, impulsando alternativas á transferencia do coñecemento da Universidade á sociedade a través da xeración empresas de base tecnolóxica
2. A creación e mantemento de emprego cualificado
3. A implantación dunha cultura emprendedora, a través da posta en marcha de empresas de alto valor engadido
4. Inversións realizadas baixo criterios de smart money, aportando asesoramento integral
Obxectivos de desenvolvemento sustentable
Contribuímos á creación de emprego de calidade e acercamos á sociedade tecnoloxías disruptivas con impacto social
Apoio a proxectos asociados ao sistema agroalimentario de Galicia
Proxectos especializados no ámbito biotecnolóxico, saúde e/ou farma
Apostamos por proxectos derivados do ámbito universitario con postos de traballo de alta cualificación
Investimos en proxectos liderados por mulleres e cunha participación igualitaria
Contemplamos a inversión en proxectos que garanten un abastecemento sustentable de recursos hídricos
As nosas inversións contemplan compañías que contribúen a cambiar o modelo enerxético actual
Inversión socialmente responsable para contribuír á xeración de emprego de calidade
Proxectos con ADN innovador e que xeran una industria de futuro
Orientación a proxectos innovadores con enfoque a garantir un avance social
Proxectos que derivan unha mellora das condicións das nosas cidades
Apostamos por unha inversión que garante o acceso a unha produción e consumo responsables
Inversión en proxectos que contribúen a acadar os obxectivos polo Clima para 2050
Aposta por proxectos que minimicen o impacto ambiental asociado os nosos mares
Confiamos en proxectos coa sustentabilidade ambiental como protagonista
Reporting e transparencia para un bo goberno corporativo e manter relacións de confianza coas nosas partes interesadas
Mantemos asociacións inclusivas a todos os niveis aliñadas cos nosos principios, valores e obxectivos centrados nas persoas e o planeta
O noso buzón ético
Para calquera dúbida ou suxerencia, podes poñerte en contacto con nós, a través do correo:
canal.etico@unirisco.com