Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Neste apartado queremos responder ás preguntas máis frecuentes sobre Unirisco e todo o que podemos facer por ti.
Que é Unirisco?
Somos unha sociedade anónima de capital risco privada.
No noso accionariado atópanse tanto entidades públicas, como as tres universidades galegas e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, como empresas privadas: Inditex, Constructora San José S.A., Abanca Corporación Industrial e Empresarial S.L.; R Cable e Telecable Telecomunicaciones SA, Inversiones Capital Global SA e o Banco Portugués de Investimento
En que fase do proxecto entra Unirisco?
Investimos en startups que se atopan, preferentemente, nas fases pre-seed e seed. Cóntanos o teu proxecto para ver cómo podemos colaborar.
Cales son as áreas de inversión de Unirisco?
Investimos en empresas de base tecnolóxica, disruptivas e que aporten valor a sectores relacionados, como a saúde, o medio ambiente, a dixitalización industrial e urbana e os novos materiais. De todas formas, podemos analizar proxectos vinculados a outros sectores sobre a base dun plan de negocio viable.
Que tipo de financiación concededes?
Principalmente en forma de capital e préstamos participativos ou calquera outra forma de financiación, en este último caso só ás empresas participadas.
Realizades co-inversións?
Si, co-investimos con outras entidades de capital risco, Business Angels, particulares e empresas, que cumpran cos requirimentos da CNMV e do SEPBLAC.
Cales son os vosos criterios de inversión?
Investimos en empresas de base tecnolóxica e científica, vinculadas preferentemente con universidades e centros de investigación. Apostamos por proxectos cun forte compoñente tecnolóxico, con un equipo referente na súa área de coñecemento, e con experiencia en xestión, capaces de crear produtos e servizos innovadores disruptivos, con un alto potencial.
Cal é a vosa área de inversión?
Actualmente a área preferente de inversión é a Comunidade Autónoma Galega, e máis concretamente a área de influencia socio-económica das Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, aínda que estamos abertos a considerar proxectos provintes das demais universidades españolas e portuguesas.
Cal é o rango de inversión de Unirisco?
Rango de Inversión: fase pre-seed e seed, acompañando en algúns casos rondas serie A.
Excepcionalmente, inversión en spin-off de recente creación, preferentemente a través de préstamo participativo convertible.
O acompañamento é un servizo de interim management?
Non prestamos servizos de interim management nin realizamos asesoramento operativo ás empresas nas que participamos. O que si facemos é acompañarte en outros aspectos como a definición da estratexia, a financiación, o marketing, a internacionalización e a sustentabilidade, dentro da nosa política Smart Money advisoring.
Canto tempo ten que levar constituída a sociedade obxecto de inversión?
Non hai un período mínimo de vixencia da sociedade, se ben como dato relevante para a inversión é que o produto ou servizo sexa viable técnica e comercialmente, dea respostas a unha necesidade de mercado e que o modelo de negocio sexa escalable e sustentable.
Que é Unirisco?
Somos unha sociedade anónima de capital risco privada.
No noso accionariado atópanse tanto entidades públicas, como as tres universidades galegas e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, como empresas privadas: Inditex, Constructora San José S.A., Abanca Corporación Industrial e Empresarial S.L.; R Cable e Telecable Telecomunicaciones SA, Inversiones Capital Global SA e o Banco Portugués de Investimento
Cales son as áreas de inversión de Unirisco?
Investimos en empresas de base tecnolóxica, disruptivas e que aporten valor a sectores relacionados, como a saúde, o medio ambiente, a dixitalización industrial e urbana e os novos materiais. De todas formas, podemos analizar proxectos vinculados a outros sectores sobre a base dun plan de negocio viable.
Realizades co-inversións?
Si, co-investimos con outras entidades de capital risco, Business Angels, particulares e empresas, que cumpran cos requirimentos da CNMV e do SEPBLAC.
Cal é a vosa área de inversión?
Actualmente a área preferente de inversión é a Comunidade Autónoma Galega, e máis concretamente a área de influencia socio-económica das Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, aínda que estamos abertos a considerar proxectos provintes das demais universidades españolas e portuguesas.
Quen pode investir en Unirisco?
Empresas, entidades financeiras, Business Angels, family offices, e particulares, que cumpran requirimentos CNMV e SEPBLAC, e que sintan un forte compromiso coa inversión socialmente responsable.
O tipo de participación é sempre minoritaria?
Si, sempre participamos nun porcentaxe minoritario.
Sodes unha aceleradora?
Non, somos unha sociedade de capital risco que apoiamos o desenvolvemento das empresas a través da financiación do proxecto.