Tipos de capital de risco

Financiamento de sementeira (seed financing): Achega de recursos nunha fase na que aínda non existe producto definido. Aínda existe risco tecnolóxico.

Posta en marcha (start-up financing): Financiamento do inicio da producción e da distribución. Particípase en empresas de nova ou moi recente creación. Nalgunhas clasificacións distínguese entre arranque, propiamente dito, e outras fases iniciais, que inclúen a participación en empresas de recente creación que aínda non lograron obter beneficios.

Financiamento do crecemento (Expansion Financing): Apoio financeiro a unha empresa existente para posibilita-lo seu acceso a novos productos e/ou mercados. Nota.- Para un maior coñecemento sobre o capital-risco, pódese consulta-las páxinas da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a Asociación Española de Capital Investimento (ASCRI), a Asociación Europea de Capital-Risco (EVCA, European Venture Capital Asociation) e a páxina coordinada e supervisada polo profesor da Universidade Complutense de Madrid, José Martí Pellón.