Nanogap S.A.

Descripción del proyecto:

Operación:
 Capital
Participación:
 19.00%
Categoría:
Novos Materiais
Web:
 Visitar →

Descrición da Empresa:

Compañía do sector da nanotecnoloxía, creada no ano 2006, por un grupo de investigadores do Laboratorio de Magnetismo e Nanotecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; dedicada ao desenvolvemento e produción de nanopartículas eclústeres con propiedades antimicrobianas, condutoras, fluorescentes, magnéticos e catalíticos que os converten en aditivos con aplicación en sectores industriais, tales como, tales como, electrónica, novos materiais, seguridade/trazabilidade, biotecnoloxía e saúde.

A compañía dispón dunha tecnoloxía de produción baseada en procesos de química húmida que lle permite o control dos principais parámetros de produción e a optimización das características dos seus produtos. Desta forma, Nanogap é capaz de controlar o tamaño das partículas que produce e as súas propiedades físicas e químicas, sendo a única compañía no mundo capaz de producir de forma estable a nivel industrial partículas de tamaño inferior ao nm(clúster).

Produtos:

Os produtos de NANOGAP posúen propiedades antimicrobianas, condutoras e magnéticas que os converten en aditivos idóneos para unha ampla variedade de usos incluíndo recubrimentos antimicrobianos, tintas condutoras, plásticos antimicrobianos e condutores, electrónica imprimida, dispositivos médicos e diagnóstico molecular.

Dirección:

Polig. Ind. Novo Milladoiro
C/ Xesta, nº78-A2
15895 Milladoiro,
A Coruña (España)

Teléfono: 981.523.897

Web: www.nanogap.es

Vinculación universitaria/Académica:

Universidade de Santiago de Compostela

Sector:

NOVOS MATERIAIS