Noso valor

A colaboración de UNIRISCO Galicia, desde o punto de vista financeiro, supón: oIncrementa-los fondos propios a través da súa participación temporal no capital da empresa

  • Comparti-lo risco empresarial, achegando recursos (capital e/ou préstamos participativos) vinculados ós resultados da empresa.
  • Mellora-los recursos alleos a longo prazo, a través de operacións de préstamo.
  • Ter máis fácil acceso a outros inverstidores institucionais e/ou independentes.
  • Recibir apoio na procura de financiamento adicional: outros socios, endebedamento externo, subvencións e axudas públicas…

Ademais, contar con UNIRISCO como accionista implica disfrutar da confianza dos seus socios constituíntes, o cal deriva nun aumento da credibilidade da empresa participada e do seu poder de negociación perante terceiros.

Tamén, permite o contacto directo cos principais centros de investigación e desenvolvemento de Galicia, ter fácil acceso ós grupos de investigación e ás capacidades de producción científica da Universidade.

Así mesmo, o equipo de persoas que participan e colaboran no proxecto UNIRISCO, achegarán a súa experiencia e coñecementos á empresa participada gracias ó contacto continuo durante o tempo de permanencia no capital da empresa e, no seu caso, a súa participación nos seus órganos de administración.

En definitiva, a colaboración de UNIRISCO ofrécelle credibilidade, prestixio e valor á empresa.