Nosa actuación

A maneira habitual de colaborar cun proxecto é involucrándose na súa posta en marcha e no seu desenvolvemento, a través da participación temporal minoritaria no capital da empresa. Esta participación terá as seguintes características:

  1. O prazo de participación oscilará, preferentemente, entre os 3 e 10 anos.
  2. O investimento poderá situarse entre os 5 e 20 millóns de pesetas, tendo como teito máximo 50 millóns de pesetas, sen estar establecido un teito mínimo de investimento.
  3. En casos de maior dimensión, contemplaranse as participacións sindicadas con outras entidades de capital risco.

Complementariamente pode facilitar outras fórmulas financeiras como os préstamos participativos ou os préstamos ordinarios.

A colaboración financeira de UNIRISCO pódese ver complementada por servicios de asesoría, tanto no proceso de negociación (axudas, procura de novos socios e/ou investidores,..), como unha vez constituída a empresa, asistindo ós xestores na marcha daquela e participando, mesmo, nos consellos de administración.