2

Proceso de seguimento

Cál é o proceso de seguimento de Unirisco Para o seguimento dos investimentos, UNIRISCO poderá contar cun conselleiro nos órganos de administración das empresas participadas. Tamén aquí serán de importancia os contactos e experiencia que ofrezan os promotores da sociedade: universidades, entidades financeiras e grupo industrial. Desta forma, UNIRISCO poderá participar activamente nos órganos de decisión das sociedades en que invista, pero non na xestión diaria dos negocios, xa que só achega a súa experiencia, coñecementos e capacidade de asesoramento económico, financeiro, estratéxico, comercial e técnico.

Periodicamente o departamento de control dos investimentos solicitará información ás sociedades nas que se inviste para valoralas e elaborar informes para o Consello de Administración de UNIRISCO e a Comisión Nacional do Mercado de Valores. A información solicitada incluirá cando menos:

  • Información puntual e suficiente sobre todo feito ou decisión relevante, e sobre calquera circunstancia de carácter continxente que afecte ou poida influír na evolución dos negocios da sociedade, a súa rendibilidade e situación financeira, política de investimentos ou distribución de dividendos, así como os cambios significativos que se produzan no seu órgano de administración ou na estructura accionarial.
  • Cando menos con periodicidade trimestral, uns estados financeiros intermedios que comprendan como mínimo o balance e a conta de resultados da sociedade e, de se-lo caso, do grupo consolidado, e que se presenten coa forma e os criterios establecidos para as contas anuais.